30 de marzo de 2008

C'mmons baby!#09 (in memoriam John Balan + novidades galegas)


Con atraso, por causa de problemas de saúde (nada grave), chegamos cun c'mmons baby! especial dedicado ao recentemente falecido home-orquestra John Balan e ás novidades do panorama musical libre galego. É tamén máis longo do común, aínda que andamos cismando en facelo desta nova duración próxima aos 30 minutos para ter máis tempo para a música. Desculpai a voz algo tomada e tristeira, cousa do catarro.
Damos aviso do chamado que fan Fuzquenlla e Esquíos aos grupos galegos autoeditados para asociarse e facer forza común á marxe dos circuítos comerciais e a SGAE.
Falamos do novo disco d'Os Chiquilicuatres distribuido nun pendrive, e do resultado do certame A Coruña Son '08.
Queremos aproveitar para lembrar que temos abertas as portas aos artistas que publiquen baixo licenzas libres para axudalos, no que poidamos, a espallar a súa música; quen queira contactar con nós pode facelo en ictioscopio[arroba]gmail[ponto]com ou deixando un comentario no blog.
Pequeno abrazo tamén, e agarimo, para a amiga Lourixe, que perdeu días atrás ao seu pai ...abraços e beijinhos e carinhos sem ter fim.



Baixar o mp3

  • Dandy Fever. John Balan
  • Dandy Fever. Baila ska
  • Esquíos. Un tipo normal
  • Os Chiquilicuatres. Tres tragos
  • Détour. Violoncello
  • Novedades Carminha. John Balan song

Enlaces relacionados: Dandy Fever, no myspace; Gzcrea; Esquíos; Fuzquenlla; Komunikando.net; Os Chiquilicuatres; Détour; Novedades Carminha, no myspace; A Coruña Son; John Balan, sobre a súa biografía, no youtube.

24 de marzo de 2008

Desculpas

Por problemas buco-faríxeos, o c'mmons baby! #09 vai adiarse uns días. Desculpai.

9 de marzo de 2008

C'mmons baby! #08


Despois dos especiais regueifeiros, retomamos o fío e a nosa frecuencia cotiá de saír cada quince días. Foron días estes de moito movemento na música licenciada baixo copyleft, falamos o mínimo necesario para contar o máis sobranceiro. Agradecemos ao selo Unique Records da Franza a súa amabilidade e bo trato e falamos da súa iniciativa de agasallar cun compilado CD + DVD conmemorativo dos seus 5 anos de traballo pola compra dalgún dos seus paquetes en promoción. Tamén viaxamos até Arxentina para presentarvos dous dos máis recentes lanzamentos dese país tan achegado a nós. Despois, retornamos á península, ao irmán Portugal, para presentarvos unha faixa muito fixe que nos traen os mozos da caravana, dous lisboetas que cantan en inglés.
Non esquezades ir votar!


Baixar o mp3

  • Angil & Hidd#ntracks. In Purdah
  • Sync Filmico. Mercurio
  • Sortie. Nada Bien
  • The Guys from the Caravan. The guy from the caravan

Enlaces relacionados: Angil & The Hidd#ntracks, no myspace, oulipo; (we are) Unique Records; Sync Filmico, no purevolume, no myspace, o seu blog; Zona Indie; Canciones Pegajosas; Sortie, no purevolume, no myspace; The guys from the caravan, no myspace; Rasarte, o seu podcast; Rascunho; NIN.

2 de marzo de 2008

C'mmons baby! #07b (A Regueifa Plataforma)


Eis a continuación da entrevista feita a Noel Feáns nos días pasados. Nesta segunda parte falamos tamén do caixón non-musical da Regueifa; de Fanny e Alexander, o dúo musical que Noel desenvolve xunto con Efi Arias; e da revista en liña Sono-Tone. Acompañan a conversa cancións dos últimos lanzamentos do netlabel, Vale Tudo e Ataque Escampe, un tema do segundo disco de Fanny e Alexander e rematamos cos brasileiros Luisa Mandou um beijo.



Baixar o mp3

  • Vale Tudo. La Maleza
  • Ataque Escampe. Akira Toriyama
  • Fanny e Alexander. Cando eu era mozo
  • Luisa mandou um beijo. Amarelinha.

Enlaces relacionados: A Regueifa; Sono-Tone; Vale Tudo; Ataque Escampe, no myspace; Fanny e Alexander, no myspace; Luisa mandou um beijo, no myspace; The Homens; María Lado; David Rubín.
cookieassistant.com