29 de xuño de 2008

C'mmons baby! #15 (santos, mortes e resurreccións)

Despois da estensa entrevista a Projecto Mourente e a pausa radioceánica, regresamos con noticias e máis músicas interesantes.
Despedimos ao netlabel Holy Rook, que deixa a súa actividade; dámos a benvida ao regreso activo de Error! lo-fi e a súa nova web con lonxa en liña; descubrimos unha enérxica banda de reggae-ska do norte de Italia grazas ao novo compilado de BlocSonic; o fío lévanos até Cascais desfrutar de b (fachada) e o seu pop erudito; e recuperamos unha faixa muito fixe dunha banda de Philadelphia xa desaparecida, os Rifle Nice.
Non esquezades que ainda está en marcha o concurso de Kara.o.ke.



Baixar o mp3

Enlaces relacionados: Holy Rook, Carmen Burguess, Tomás Nochteff; Green.Means.Love no myspace, Error! lo-fi; Men in route no jamendo.com, BlocSonic; Merzbau; Rifle Nice no myspace, Jody Hamilton.

NOTA: Ando apirolado, e onde dixen NetBloc, quería dicir BlocSonic; (netbloc é o nome dos compilados que fan os de BlocSonic, eís a causa do erro).

22 de xuño de 2008

Radio Oceánica (2) e premios

Hoxe a noite, ás 22:00 h. (GMT +01:00) segunda visita ao fabuloso Radio Oceánica. Lembro que podedes escoitalo pola radio, ou ben pola rede (se funciona) ou despois cando queirades aquí, calcando en Horario e gravacións. Eís a música que levo ao programa.
Aproveito tamén para dicirvos que, aínda que non son moi amigo de concursos en xeral, propuxen o meu c'mmons baby! para os I European Podcast-Award e foi aceptado. Se considerades que este falangullo está niquelado e merece un premio europeu, podedes votarme aquí. Pode votar todo o mundo, e hai premios para os que votan e non só para os gañadores finais. Os votos do público non son determinates, hai xuri, mas téñense en conta.
Como seica para España valen os feitos en calquera das linguas oficiais, animo tamén a outros podcasteiros galegos a participar, os únicos requisitos: ter un feed-rss activo e que non contraveña ou viole dereitos de autor de terceiros. Non sería bonito que gañase un falangullo galego?

13 de xuño de 2008

C'mmons baby! #14 (projecto mourente - kara.o.ke)

Con algún día de atraso traemos unha estensa e interesante entrevista con Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente, que hai poucas semanas lanzou o seu segundo disco: Kara.o.ke. Maravillosa conversa de case de dúas horas, que resumimos á metade con cancións engadidas, para descubrirmos algúns dos segredos da produción deste agardado lanzamento e algunhas curiosidades e revelacións deste grande artista amador.
Abrimos tamén un concurso!! Sorteamos un cd de Kara.o.ke asinado polo propio Carlos Valcárcel entre todos os que respondan correctamente á pregunta: Que é e onde está Mourente? Enviainos un correo-e coa resposta antes do 1 de xullo (e para que vexades que somos bos, imos axudarvos cunha pista, que podedes atopar aquí.)
Desculpai o ruido de fondo que metían uns alumnos que preparaban un traballo deixado para última hora nas mesas do lado. Outras veces que pasamos por El nido del cuco non había tanto balbordo. Agardamos ter mellor son noutras entrevista.


Baixar o mp3

  • Projecto Mourente. Demasiado Popi
  • Projecto Mourente. Controla-te
  • Projecto Mourente. Cobro em B
  • Projecto Mourente. Vamos queimar París
Enlaces relacionados: Projecto Mourente; A Regueifa.

10 de xuño de 2008

Projecto Mourente en c'mmons baby!

E pois si, en nada imos ter un c'mmons baby! especial cunha entrevista que lle fixen uns días atrás a Carlos Valcárcel, alma nai de Projecto Mourente; ando algo demorado na edición, pero nada, se todo sae ben nun par de días como muito tereino subido.
E vai chegar con algunha sorpresiña en forma de concurso... andai atentos!
cookieassistant.com