16 de marzo de 2009

C'mmons baby! #28 (as músicas que veñen a nós)

Depois de máis de tres anos pesquisando na rede músicas libres, e case ano e medio de C'mmons baby! chega un momento no que é a musica a que xa vén a nós e non precisamos de saír por ela.Comezamos cunha pequena homenaxe a Tom Fahy (Quinn McCarthy) que finou o pasado verán aos 37 anos deixando atrás del, co seu ensemble, máis de 50 álbumes gravados.
Achegámonos ao netlabel Headphone, especializado en música electrónica, despois de que o seu rexedor Tommy nos deixase unha nota no taboleiro de mensaxes do grupo de CB! no last.fm
Celebramos o agardado longa duración dos Quant, e seguimos co concurso aberto na emisión pasada: un lote de merchandising baby! (camisola + 3 chapas) e o CD-single dos Keyboard Rebel (My Lordship) a sortear entre os que respondan a unha sinxela pregunta, Como se chama o album debú dos Keyboard Rebel?... e anunciamos que o premio, se cadra pode ser incrementado... non digo máis!



Baixar o mp3

*Gosprom non é un trío como dixen, senón quinteto

Enlaces relacionados: Tom Fahy no archive.org, Rachael Eisley; Headphonica; La Fanfare de la Fatalité no myspace; A Regueifa; Aaah! Records.

2 comentarios:

  1. o meu disquiño de quant debe estar a chegar (estou todolos dias mirando o buzon jeje) pero polo que escoitei xa, esta moi bien moi bien

    un saudiño

    ResponderEliminar
  2. moitas gracias polo enlace do disco ise dos keyboard rebel, moi interesante!

    por certo o de pop grenade q me mandaches non paro de escoitalo dende fai dias, moitas gracias por descubrirme un grupo tan fantastico

    ResponderEliminar

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

cookieassistant.com