Na entrevista com o b fachada falamos deste documentário de Tiago Pereira; esquencera pór uma ligação, agora ponho o trailer. No Bodyspace falaram dele há já uns meses, e mais entrevistaram também ao b fachada.
Cun pouco de demora (desculpas) traemos a entrevista a b fachada, que realizamos no pasado mes de xuño no Porto, no Contagiarte. Participa na entrevista, preguntando, o amigo Isaac González condutor de Radioceánica, na Radio Galega Música. Tamén soa unha promo do podcast canario Doramas, que fala coma nós de músicas libres, e que presenta Miguel Acín.
A foto tomeina de Vera Marmelo. Obrigado a todos.
Este domingo, ou luns se non me dá a virada, a nova emisión de C'mmons baby! trae a entrevista que lle fixemos a b (fachada) en Porto no mes de xuño, despois do concerto no Contagiarte. Para ir quecendo motores déixovos o vídeo de Zé!, canción coa que abre o seu novo disco Um fim-de-semana no Pónei Dourado, editado pola Flor Caveira.
Levamos tres ducias de emisións e imos celebralo cunha pequena festa para os amigos: cancións que falan de amizade e desas persoas que están aí para soportar e axudar cando é preciso. Unha grande aperta para todos neste tempo de verán(?) e aniversarios; dedicado aos que se alegran de toparte pola noite, ou polo día, e abrazan e bican de corazón e con risos.
Aproveitamos tamén para presentarvos o sinxelo adianto do novo disco dos galegos Dios ke te krew.