22 de setembro de 2009

Retrigger, o Ornitorrinco Voador

Retrigger - EZ Money [videoclip] from Marcelo Reis on Vimeo.

Retrigger é um produtor brasileiro, também conhecido como Raul Costa, que vem fazendo música pesada e experimental desde 2001. Já lançou faixas em selos e gravadoras de diferentes países em 5 continentes. Seu som vai do breakcore à psicodelia sessentista, do punk ao funk, do rock de garagem ao hip hop ou qualquer outra coisa que estiver ouvindo no momento, soando na maioria das vezes como tudo isso ao mesmo tempo.
Pois iso, xa o di todo el, máis info en retrigger.net; deixo-vos co vídeo de EZ money, contido no seu último disco Ornitorrinco Voador, editapor por Cock Rock Disco.

21 de setembro de 2009

C'mmons Baby! #41 (entrevista a Carlos Barreiro)

Entrevista a Carlos Barreiro, xornalista musical (Rock de Luxe, Rolling Stone, Fly Music, Sol Música, Público...). Falamos dos novos xeitos de distribución da música e dos rebiricos da relación entre os medios, os músicos e unha industria algo desorientada cos cambios que trouxo consigo a internet. (43'45'')


Baixar o mp3


Enlaces relacionados: Poni Republic, falaran de Jóvenes y Sexys en Océano Expreso (Radio 3).

8 de setembro de 2009

Axuda ao meu PDM

Seguindo as ensinanzas do amigo ifrit, e pensando na posibilidade de así facer máis visible C'mmons baby!... metín na esquerda un botón para que me votedes nos premios Bitacoras.com 2009. Que acepten sitios que falen noutros idiomas distintos do castellano é un detalle que non teñen outros...

Xa sabedes, se gostades de CB! votai!

Radio Oceánica (9)

Como prometín, aquí vos deixo as cancións que levei o domingo a Radio Oceánica coas ligazóns ás webs dos músicos e aos discos.
E quedaron fóra por falta de tempo...
Podedes baixar os temas aquí (41.79 MB) ou escoitar a emisión completa aquí, calcando en Horario e gravacións, e buscando a emisión do 6 de setembro de 2009.

6 de setembro de 2009

5 de setembro de 2009

Domingo con dose dupla

Pois si, cadrou así, este domingo toca emisión de C'mmons baby! mas tamén colaboramos, máis unha vez, no Radioceánica; co cal haberá dose dupla de músicas libres para quen queira. Non esquezades pór a orella na Radio Galega Música mañá ás 22.00 h.
No luns, segunda feira, porei ligazóns e listaxe das músicas que soaron na radio para os que teñan curiosidade por saber máis dos músicos dos que falamos.
cookieassistant.com