Hai uns día contactou comigo Ayoze García, director e presentador de Intangible 23, un novo espazo sonoro sobre músicas libres. Ben, novo novo non é porque seica levaba xa máis dun ano emitindo por Radio Guiniguada, mas agora deu o chimpo a Canarias Ahora Radio con catro horas semanais (de luns a xoves). Pois ben, envioume un correo para ver de entrevistarme no seu programa e falar un chisco de C'mmons baby! e das músicas de libre distribución; eis que hoxe a partir das 13.00 h. hora das Canarias e Portugal (14.00 h. hora oficial española) estarei nas ondas radiofónicas. Se queredes, podedes escoitalo en directo dende a web da emisora.
Onte falou con David Domingo, de netaudio.es e Phlow.es, dous dos sitios de referencia na escea do netaudio en España. Tedes o corte da entrevista nesta ligazón.
Axiña vai ter traballando os rss do programa para que se poida escoitar encasulado (podcast), entramentes podedes facervos seareiros e estar ao tanto das novidades na súa páxina en Facebook ou na súa conta en Twitter.
Xa podedes escoitar a entrevista aquí.
Graciña Ayoze!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.