30 de decembro de 2014

15 fixes do 2014


Hoxe xa debería ter saído o Cb!87 mais estas datas festivas non me deixaron oco na axenda para gravalo. Mentres sae, agardo que antes do día de Reis, vouvos deixar con unha escolma de 15 faixas e/ou artistas fixes que publicaron baixo licenzas Creative Commons no 2014 e que, na nosa opinión, merecen un destaque este ano.
Feliz ano 2015 a todos!

15 de decembro de 2014

Faixa fixe da semana (8): "Thelma or Louise?", Angil and the Hiddentracks

A semana pasada non houbo faixa fixe, porque houbo "emisión", mais retomamos cun vello coñecido, Angil and The Hiddentracks; formación liderada por Mickaël Mottet, músico xa de longa traxectoria que apostou desde case que o principio polas licenzas CC. É membro tamén do colectivo-discográfica francés We Are Unique Records.
Escollemos unha canción que fora adianto do seu disco, cheo de colaboracións, The And (2010), Thelma or Louise?, e na que compartía voces Françoiz Breut.

+info: Discografía de Angil, en deezer, en facebook.

8 de decembro de 2014

C'mmons baby! #86 (meter a zoca)


Na anterior emisión metín a zoca, dixen Dédalo onde debería ter dito Ícaro, e non vai ser a última vez que o faga. Hoxe mesmo esquecín dicir "...cuando el público hace caso" antes de poñervos un importante aviso da xente de proxecto dHábitat. (duración: 19'37'').


baixar mp3 / baixar ogg
 

Ligazóns relacionadas: Entrevista a Nouvelle Cuisine, dHábitat, LMEY Arquitectura, The Old Dada Weatherman en jamendo.com, Dada The Weatherman en jamendo.comLa noche del hombre lobo.

1 de decembro de 2014

Faixa fixe da semana (7): "When I'm gone", Robin Mitchell

Robin  Mitchell é un cantante e poeta de Bristol que gosta de mesturar xéneros, tomar emprestado e mesmo "roubar".
When I'm gone é a faixa que abre un EP novo do trinque, Dust (2014), que compuxo durante a súa xira pola China este verán.

+ info: robinmitchell.co.uk, en twitter, en soundcloud.

cookieassistant.com